reaccionando
En este espazo reaccionaremos a diferentes series, películas, documentais, libros, etc, que cremos que ensinan algo. Non haberá spoilers.
"pose"
Esta serie de conta como viviron as persoas trans, gays e negras durante a época dos 80-90.
Fala da pandemia do sida, de como vivían as enfermas, etc. Como asasinaban a estas mulleres por ser trans. Como as abandonaban as familias e se apoiaban entre elas. Tamén mostra como, a pesar de que non as respectaran, lograron facerse un oco no mundo
É unha serie que fai reflexionar e aprender, moi recomendada para coñecer máis da historia LGBT.
"Mulán"
Todo o mundo coñece esta película. Agora, fixerona con persoas reais. Conta a historia dunha rapaza que é unha boa guerreira, pero que non pode ensinalo porque ao ser unha muller, deshonraría á súa familia.
Mostra o machismo da época, como as mulleres só honraban á familia casándose. Como as mulleres tiñan que ser finas, delicadas. Mulán vai en contra diso e dá unha grande lección a máis de un, tanto dentro da mesma película, como aos que a ven.
"the true cost"
Este é un documental que fala da moda rápida. De todo o que teñen que sufrir as persoas que fabrican esa roupa que nós compramos comodamente.
Os salarios son mínimos, as condicións horribles, incluso morreron persoas.
https://www.area-documental.com/player.php?titulo=The%20True%20Cost
"cowspiracy"
Este documental explica mediante entrevistas a expertos, datos, etc o impacto que ten a instria cárnica no medio ambiente.
É unha forma moi clara de ver a verdade, de ver como non podes intentar coidar o medio ambiente se segues comendo carne.
"dominion"
Este, é un documental que se centra en todos os animais explotados. Vai un por un explicando como é a súa vida, como son torturados e como rematan sendo cruelmente asasinados.
É unha boa forma de abrir os ollos e ver de onde sae o que tes no prato.