desmentindo...

 

Todos os sábados teredes neste espazo mitos desmentidos. Esas típicas mentiras que todo o mundo cre, pero non son certas. Estas mesmas poden danar a certos colectivos, polo que axudaremos a desfacernos deles.

imaxe de el mundo
imaxe de el mundo

DESMENTINDO: "A xestación subrogada é un dereito LGBT"


Neste mito hai dous puntos que tratar:


Para comezar, nas parellas LGBT pode haber persoas trans e polo tanto poderían ter fillos propios.


Para continuar, a xestación subrogada é explotación. É alquilar a unha persoa xestante e comprar bebés.


As persoas xestantes non o fan por gusto, senón por pobreza. Nadie verá a unha persoa rica prestarse para isto.


Decir que explotar a unha persoa é un dereito LGBT é, por unha parte, falar por todo o colectivo e pola outra, decir que todas somos explotadoras.


Poñen a excusa de que non temos outra forma de ter fillas e que temos dereito a iso. Isto é totalmente falso.


Ter un fillo é algo que todo o mundo pode desexar, pero non fai falta usar métodos non éticos para facelo, podes por exemplo adoptar, xa que, hai moitas nenas orfas. 


imaxe de amino apps
imaxe de amino apps

DESMENTINDO: "as mulleres trans non son mulleres de verdade polo que non entran no feminismo"


Este mito é moi básico e sempre se fala del, pero parece que aínda non se entende.


O feminismo sen as mulleres trans non é feminismo, así como non o é sen as mulleres negras ou pobres.


Non podemos nin debemos concibir o feminismo como un movemento de mulleres brancas ricas e cis.


Estas persoas que negan a identidade das persoas trans e non aceptan o seu verdadeiro xénero están sendo tránsfobas.


Non podemos deixar que a transfobia nos invada como o está facendo, as mulleres trans son mulleres e polo tanto entran dentro do feminismo, non hai máis que dicir.


O feminismo será interseccional ou non será♀️  

imaxe de noticiasdel6.com
imaxe de noticiasdel6.com

DESMENTINDO: "así como eu che respecto por ser vegana, repecta ti que coma animais" 


Só porque ti decidas facer algo non significa que ese algo estea ben. Os asesinos deciden asasinar, e iso non significa que estea ben.


Vese desta forma o pouco que pensan que ese producto vén dun ser vivo que sufríu e foi asasinado. Pensan que as únicas afectadas por esa decisión de alimentarse así son elas mesmas e non os animais que morren.


As veganas si que respectamos, repectamos a todos eses animais que non teñen por que morrer, decidimos vivir a nosa vida sen facerlle mal a ninguén, es ti quen non está respectando a seres vivos que sofren.


Ademais, respectamos ao medio ambiente e a toda aquela afectada polas súas consecuencias.


Tamén o facemos coas traballadoras de matadeiros que se atopan entre as persoas con máis alto risco de depresión, ansiedade, abuso de drogas e suicidio.


Engadir que, moitas enfermidades, son producidas por estes productos e poderían ser curadas con dietas vexetais.


Hai moitas cousas que unha persoa fai por decisión persoal, pero ao ser algo malo, non o respectamos, por que si que consideramos moralmente aceptable comer produtos de orixe animal con toda a información que temos?  


imaxe de Republica.com
imaxe de Republica.com

"as veganas non comedes animais, pero as prantas tamén son seres vivos" 


As prantas non teñen un sistema nervioso central. Non o precisan nin e lóxico, xa que, non se poden mover e fuxir dos estímulos ou reaccionar a eles, fanno mediante un sistema diferente.


Os animais temos un sistema nervioso, que nos permite facer moitísimas cousas, enviar estímulos, mover, sentir dor, reaccionar á dor. Os animais temos a nosa propia personalidade.


Se lle pegas a unha pranta non lle doe, non lle pasa nada, pero se llo fas a unha persoa ou can si, porque sentimos dor e moitas cousas máis, grazas ao noso sistema nervioso central.


As prantas reaccionan a estímulos químicos, pero non son as reaccións que temos os animais. 

imaxe de barrancópolis
imaxe de barrancópolis

"non se pode ser 100% vegana"


As persoas non veganas excusan a súa falta de interés e ignorancia con este argumento.

Ademais, temos que aturar que xente que non fai nada polos animais ou o medio ambiente marque os nosos erros.

Frank Cuesta fixo un vídeo sobre veganismo decindo que era inútil ser vegana porque igualmente cometíamos erros.

E é certo, as persoas veganas cometemos erros. Ás veces podemos equivocarnos ao ler unha etiqueta. Ás veces podemos matar a un pequeno bicho sen querer. Ás veces enfermamos e temos que tomar medicamentos non éticos. Na produción de vexetais poden chegar a matarse pequenos insectos, etc

Pero.... que non poidamos facelo perfecto significa que non debemos facer nada?

As persoas veganas cambiamos a nosa forma de vida para evitar o sufrimento de animais e salvar o medio ambiente. Está demostrado que levar unha vida vegana é unha das cousas que máis axuda ao medio ambiente (ademais do importante, non matar animais).


O importante non é facelo perfecto, senón intentalo.

imaxe de pinterest
imaxe de pinterest

"os nosos ancentros tomaban carne, é natural, nós tamén debemos"


Todas sabemos que no Paleolítico, a alimentación baseábase na caza, caroñeo, ademais doutras cousas. Logo no Neolítico, xa comezaron a críar animais para despois matalos. Así seguimos até agora só que na actualidade , a explotación, tortura e asasinato, son de todo menos naturais. Ademais,  que reproducen animais de forma descontrolada, creando moitos máis dos que habería se estiveran en liberdade.

É certo que os nosos ancestros tiveron que matar animais para sobrevivir. Estes, nn tiñan outra forma de vivir, os seus medios eran limitados, polo que encontraron aí unha fonte de alimento e comezaron a comelos, pero non temos que cometer os mesmos erros.

Tamén é certo que eran máis salvaxes ca nós, actualmente, compramos a carne, non saímos de caza todos os días. Creouse unha cadea de explotación que non é natural, non nos podemos comparar cos ancestros se non nos parecemos en nada a eles. Se agora lle pos a alguén diante un porco, posiblemente non sexa capaz de asasinalo, e moito menos co seu propio corpo, como faría un verdadeiro carnívoro. Somos omnívoros, é dicir, podemos comer carne, pero non temos que facelo. Evolucionamos, e agora, a maioría, temos ao noso alcance todo o que nos fai falta para sobrevivir sen danar a ninguén.


© 2020 O Blogue de galizaenpe. Todos os dereitos reservados.
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar